LÉVEDO

No ano 2017 as Bouba pandeireteiras e A máquina de mallar mergúllanse nun novo proxecto, nun intento de facer fluí-la música tradicional e o rock progresivo nun mesmo camiño.

Sen perder a esencia e respectando cada un dos estilos logrouse a conexión áurea entre ambos grupos, conseguindo un son totalmente vivo e orixinal. O público non pode deixar de bailar mentres se mergulla nun mar de ondas sonoras.

Do escenario ao torreiro e viceversa, unha experiencia pendente de desfrutar para calquera mortal. Integrado por oito músic@s do país de moi diversas procedencias. Aportando os acordes máis psicodélicos e usando de base as melodías da terra contamos cos membros da Máquina de mallar, e enriquecendo coas voces e as percusións máis tradicionais, as Bouba pandeireteiras.

Esta mestura de talentos danlle o son a LÉVEDO