![00_logo_Mesa de trabajo 1 copia 2 00_logo_Mesa de trabajo 1 copia 2](https://bouba.gal/wp-content/uploads/elementor/thumbs/00_logo_Mesa-de-trabajo-1-copia-2-q3j2jocj9uad0y1thaylfzoiupxc264e8t6xzo7x28.png)
VINCULEIRAS
Daquela viñeron elas, e vestíronnos de ritmos e tonadas vellas de xente vella. Déronnos o seu tempo, e os seus traxes, que agora tocan outra pel, a nosa. E tamén as súas voces: “Campades que rabeades!” e todas sentimos unha fachenda que enche o peito.
Elas aprendéronnos o mellor; a alegría e a forza para defender o noso, con dignidade. E foi así como corremos o frío e collemos camiño(s) cunha pandeireta debaixo do brazo, libres, e con moito que dicir. Porque somos festa, somos Bouba, mulleres do norte, de terras de muiñeira cabalgada e pateado. Aprendemos o esquecido e a forza de patadas trouxémolo aquí, ao hoxe, para non deixalo marchar.
Nin a lingua nin a música morrerán con elas porque do outro lado da cadea estamos nós, conscientes e orgullosas, resistindo.
Nós, hoxe, somos Vinculeiras. Outras han de vir.
Ferro a fondo nenas, que hai camiño que andar.
Festa a nosa e terra a presas!
Daquela viñeron elas, e vestíronnos de ritmos e tonadas vellas de xente vella. Déronnos o seu tempo, e os seus traxes, que agora tocan outra pel, a nosa. E tamén as súas voces: “Campades que rabeades!” e todas sentimos unha fachenda que enche o peito.
Elas aprendéronnos o mellor; a alegría e a forza para defender o noso, con dignidade. E foi así como corremos o frío e collemos camiño(s) cunha pandeireta debaixo do brazo, libres, e con moito que dicir. Porque somos festa, somos Bouba, mulleres do norte, de terras de muiñeira cabalgada e pateado. Aprendemos o esquecido e a forza de patadas trouxémolo aquí, ao hoxe, para non deixalo marchar.
Nin a lingua nin a música morrerán con elas porque do outro lado da cadea estamos nós, conscientes e orgullosas, resistindo. Nós, hoxe, somos Vinculeiras. Outras han de vir. Ferro a fondo nenas, que hai camiño que andar.
Festa a nosa e terra a presas!